Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

EDICTO de notificación de execución subsidiaria de limpeza dunha leira por risco de incendio.

Mediante este edicto notifícase o acordo seguinte adoptado pola resolución da Alcaldía do 26 de xaneiro de 2021:

1. Aprobar a execución subsidiaria por parte do Concello de Mondariz da xestión de biomasa da parcela con referencia catastral 36030A080009710000MG ordenada por decreto da Alcaldía do 29 de xullo de 2020, que non foi atendida polas persoas responsables una vez transcorrido o prazo de execución voluntaria computado a partir da publicación preceptiva no Diario Oficial de Galicia (19 de agosto de 2020) por resultaren descoñecidos os propietarios ou imposible/infrutuosa a súa notificación, ascendendo o importe total da mesma a 300 € (IVE non incluído), segundo orzamento obtido por este órgano.

2. En aplicación do disposto no artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procederase por parte do Concello de Mondariz á xestión da biomasa da citada parcela co fin de evitar riscos maiores de incendio forestal que poidan afectar vivendas e outras propiedades próximas, e procederá ao aprazamento da repercusión dos custos aos propietarios responsables descoñecidos, no momento en que, de ser o caso, cheguen a ser coñecidos, sempre que non teñan prescrito os correspondentes dereitos de cobramento a favor da facenda pública local.

3. De conformidade co disposto no artigo 22.4, números 5 e 6 da Lei 3/2007, abrir expediente sancionador contra os propietarios das parcelas antes citadas unha vez que se coñeza a súa identidade, por levar implícita a retirada de especies arbóreas prohibidas, e proceder ao comiso e venda delas mediante adxudicación directa para sufragar os gastos derivados da execución subsidiaria, ao amparo do disposto no artigo 22.ter.7 da lei citada e tendo en conta que a valoración da madeira non excede os 12.000,00 €, segundo o informe técnico de valoración emitido no 10 de novembro de 2020, que sinala un importe de 492,74 € (IVE non incluído).

4. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais, estímase que a limpeza xerará uns ingresos a esta administración municipal de 192,74 € (IVE non incluído), unha vez descontado o valor da madeira.

5. Os ingresos resultantes obtidos tras a execución subsidiaria quedarán afectados a sufragar futuros gastos derivados das execucións subsidiarias.

6. Publicar a presente resolución por resultar descoñecido o obrigado, co réxime de recursos que proceda.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía desta entidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

Mondariz, 5 de febreiro de 2021

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde