Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12313

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDITO (DOI 294/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña fago saber que no procedemento DOI 294/2020, seguido por instancia de Santiago Simón Cadrado contra Senielec, S.L., Senín Sistemas Eléctricos, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento obxectivo improcedente, se ditou Sentenza número 19/2021, de data 21 de xaneiro, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a senielec S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza