Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12273

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 12 de febreiro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia na proba do día 3 de outubro de 2020.

En sesión que tivo lugar o 12 de febreiro de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria e co disposto nas normas xerais para a realización da proba tipo test dos procesos de funcionarización, que a proba tipo test para as persoas que se citan no anexo deste acordo terá lugar o 16 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula núm. 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

As previsións establecidas nesta resolución poderán ser modificadas á vista das recomendacións que realicen as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma en función da evolución da pandemia da COVID-19.

As persoas aspirantes que figuran no anexo deberán ir provistas de DNI ou doutro documento fidedigno que a xuízo da comisión acredite a súa identidade. Ademais, deberán ir provistas de bolígrafo de cor azul ou negra.

Segundo o establecido na base II.1 da convocatoria as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Non se poderá acudir á realización da proba con reproducións da batería de preguntas publicada na páxina web (https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion). Se as persoas aspirantes acoden á proba con este material ou outro non autorizado polas bases ou pola comisión, seralles retirado antes ou durante a súa realización. No suposto de que algunha persoa aspirante fai uso do material descrito durante a realización da proba, a comisión poderá decidir a súa inmediata expulsión.

Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a realización da proba, agás cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara, neste caso deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública a correspondente xustificación no prazo de 5 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de non facelo, non se permitirá o acceso sen a máscara.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice a proba con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na súa realización, nin se habilitará ningún servizo de recollida dos devanditos dispositivos.

Respecto ás normas xenéricas que se deben seguir para a realización da proba tipo test como consecuencia da situación creada pola pandemia da COVID-19, serán as mesmas que as publicadas para a proba do mes de outubro e que se atopan publicadas no portal web https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

ANEXO

Categoría 050

Técnico/a especialista xardín infancia

Apelidos, nome

NIF

Mariño Lustres, María Liduvina

***1663**