Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12111

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 32/2021, do 25 de febreiro, polo que se dispón que cese María del Socorro Martín Hierro como secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de febreiro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, María del Socorro Martín Hierro como secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de febreiro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública