Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12387

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo correspondentes á estabilización de emprego.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 211/2019, do 29 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019, realiza convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral fixo suxeito aos convenios colectivos correspondentes á estabilización de emprego polo procedemento de concurso:

– 1 praza de oficial de mantemento (GIII BII N3).

– 3 prazas de oficial de mantemento (GIII BII N3).

– 1 praza de oficial de mantemento (GIII BII N2).

– 1 praza de xefe/a de equipo de mantemento (GIII BI N7).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telemáticamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 28 de xaneiro de 2021

Jesús Vázquez Almuiña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo