Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 395/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Lourdes Neiro Casal contra Edificios Docentes de Santiago, S.L., Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Fundación Junior’s Caesga, S.L., en reclamación de cantidade, rexistrado co número 395/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Edificios Docentes de Santiago, S.L., Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L., María Lourdes Neiro Casal, Fondo de Garantía Salarial e Fundación Junior’s Caesga, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 23 de abril de 2021, ás 10.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Edificios Docentes de Santiago, S.L., Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L., María Lourdes Neiro Casal, Fondo de Garantía Salarial e Fundación Junior’s Caesga, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza