Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12398

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na publicación da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2021, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir.

Na páxina 5654, no artigo 3.2.sete, onde di: «Modifícase a subalínea 8 da alínea 07 do anexo 1, que queda redactada como segue:», debe dicir: «Modifícase a subalínea 18 da alínea 07 do anexo 1, que queda redactada como segue:».

Na páxina 5731, no artigo 26.1.catro, onde di: «Disposición adicional décima. Non existencia de quórum en segunda convocatoria», debe dicir: «Disposición adicional décima. Non exixencia de quórum en segunda convocatoria».

Na páxina 5732, no artigo 26, onde di: «3. As modificacións previstas no número anterior serán aplicables directamente ás cooperativas con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretenda modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarse integramente ao disposto nesta lei», debe dicir: «2. As modificacións previstas no número anterior serán aplicables directamente ás cooperativas con independencia do que dispoñan os seus estatutos. Non obstante, cando se pretendan modificar os estatutos vixentes, estes deberán adaptarse integramente ao disposto nesta lei».