Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de febreiro de 2021, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 16 de decembro de 2020 ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2020-003141 (referencia AC-24/20), por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido efectuarse a notificación.

O interesado dispoñerá dun prazo de quince días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 15 de febreiro de 2021

Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2020-003141 (ref. AC-24/20).

NIF: X6329502V.

Establecemento: Marcelsalo Tours.

Enderezo: Malecón de San Lázaro, 10.

Localidade: Noia.

Precepto infrinxido: artigo 110.10 e artigo 110.19) da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 16 de decembro de 2020.

Sanción:

Multa de catro mil cincocentos dous euros (4.502,00 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: 3.601,60 €.

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: 2.701,20 €.