En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir no Rexistro Provincial da Coruña a modificación total de estatutos sociais da entidade Mirador de Matogrande, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 4 de decembro de 2020. Consta como novo capital social mínimo 31.000,00 €.
A Coruña, 12 de febreiro de 2021
O xefe territorial da Coruña
P.S. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica