No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 34, do venres 19 de febreiro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a prazas vacantes de administrativo/a e auxiliar no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público (OEP) do ano 2020.
A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 9 de febreiro de 2021, os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2020, que a continuación se sinalan:
– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C, subgrupo C1, clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 3. Denominación: administrativo/a. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade xeral. O sistema de selección será o de oposición libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C, subgrupo C2, clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar. Resérvase unha (1) praza para persoas con discapacidade xeral e unha (1) praza para persoas con discapacidade intelectual. O sistema de selección será o de oposición libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C, subgrupo C1, clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a. O sistema de selección será o de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C, subgrupo C2, clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar. O sistema de selección será o de promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 19 de febreiro de 2021
O alcalde
P.D. (Acordo da Alcaldía do 5.2.2021)
José Manuel González Abal
Director xeral de Recursos Humanos