Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2021 polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva das aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Infesta (Monterrei-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), O Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 47 quáter 2 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, sométense a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva que se relacionan no anexo.

Os borradores de guías de ordenación produtiva sométense a información pública polo prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do concello en que se sitúe a aldea e na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, durante o cal se poderán examinar a) de xeito presencial, nas dependencias da Agader (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita individual no teléfono 881 99 71 93, e b) na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/ ou https://agader.xunta.gal/es/banco-de-tierras/aldeas-modelo/) se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito.

Durante este prazo poderanse realizar as achegas e alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Borradores de guías de ordenación produtiva

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo do Penedo (Boborás-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Infesta (Monterrei-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Trelle (Toén-Ourense).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo).

– Zona de actuación para o Proxecto de aldea modelo de Meixide-A Veiga (Ourense).