Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de febreiro de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Felina Uno, varada no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Vanesa Eiriz Fernández, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 2 de febreiro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación da cal é propietaria, de nome Felina Uno e folio 7ª-BA-2-676-96, varada no porto de Burela, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por encontrarse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún, no porto de Burela, e sen aboar taxas; consta, así mesmo, o incumprimento dunha orde de retirada enviada polo xefe da Zona Norte, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselle á propietaria da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírteselle que, de acordo coa normativa máis arriba citada, unha vez chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o cal non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que cómpre realizar sobre o buque sexan por conta da anterior propietaria.

Para o seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, na praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia