Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PSC-PO-0228/2020-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0228/2020-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 17 de febreiro de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0228/2020-PPM

35948697L

Proposta de resolución

Camiño Liñares, 22, Vigo

PSC-PO-0238/2020-PPM

76829555X

Proposta de resolución

Cacheirás, 51, O Grove

PSC-PO-0259/2020-PPM

35304751G

Proposta de resolución

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0588/2020-PPM

76989236W

Proposta de resolución

Cova Terreña, 75, Baiona