Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Explotaciones Porcinas As Cabanas, S.L. para a explotación porcina de porcos de ceba situada en Paraxe do Río, concello de Sarreaus (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-099).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de renovación de autorización ambiental integrada Explotaciones Porcinas As Cabanas, S.L.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-099.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2008/0049_NAA/IPPC_232.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c).

Titular: Explotaciones Porcinas As Cabanas, S.L.

CIF: B32502858.

Domicilio social: rúa Carmen Novoa Diz, núm. 40-3º A, Xinzo de Limia (Ourense).

Localización da instalación: Paraxe do Rio, concello de Sarreaus (Ourense).

Actividade principal: explotación porcina para engorda de porcos.

Descrición: explotación porcina con 3.802 porcos de ceba dispostos en 3 naves (A, B, C). A instalación conta con silos de penso e cun sistema de fosas interiores e exteriores que garante o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as aguas residuais xeradas na limpeza das naves e as residuais xeradas nos aseos son recollidas e conducidas cara o sistema de fosas interiores de xurro e xestionaranse conxuntamente con ese xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Unha porcentaxe do xurro xerado no interior das naves será valorizado coma fertilizante en parcelas de uso agrícola e outra porcentaxe será recollida por un xestor autorizado.