Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12572

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de febreiro de 2021 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 39, do 26 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 12304, onde di: «Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas...», debe dicir: «Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do devandito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas...».