Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12605

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, elixidos polos aspirantes convocados entre os cinco (5) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa.

Segundo os termos recollidos nas bases, este exercicio cualifícase de 0 a 20 puntos e para superalo é necesario obter un mínimo de dez (10) puntos.

A cualificación do exercicio realizouse de acordo coas bases da convocatoria e do Acordo do 25 de novembro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) pola que se fixan criterios de corrección, valoración e superación do cuarto exercicio, para celebrar o 3 de decembro de 2020.

Realizada a corrección do cuarto exercicio, e consonte os criterios anteriores, superaron o cuarto exercicio un total de doce (12) aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

Javier Páez González
Presidente do tribunal