Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12609

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de interposición de recurso contencioso-administrativo (4015/2021).

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo número 4015/2021 por C.F.C. contra o Acordo do Pleno do Concello de Noia do 26.11.2020 polo que se aproba definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste aliñacións e rasantes na rúa Outonil.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación de data dous do actual e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a personación de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 8 de febreiro de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza