Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12619

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (78/2021).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 78/2021.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 1 de febreiro de 2021

Vistos os presentes autos número 1353/2019, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Feijoo, en nome e representación de Luz Mary Cortés Velásquez, como demandante asistida por letrado fronte a Javier Muñoz Giraldo, declarado en rebeldía.

Resolvo:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Luz Mary Cortés Velásquez e Javier Muñoz Giraldo con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se lles impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal. Deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez asine esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina SSª. Dou fe».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Javier Muñoz Giraldo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 2 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza