Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Boitirado, no concello de Riotorto (expediente 7/2019).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 7/2019.

– Nome: Boitirado.

– Comunidade propietaria: veciños do lugar de Augaxosa.

– Parroquia: Muxueira.

– Concello: Riotorto.

– Superficie: 16,6 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27054B00103011 (parcialmente) 27054B00103076 (parcialmente) 27054B00103075 (parcialmente)

Norte

27027A02601285 (Trabada)

Leste

27054B00103076 (Trabada)

27054B00103075 (Trabada)

27054B00103011 (Trabada)

Sur

27048A11200021

27054B00103011 (A Pontenova)

Oeste

27054B00100036

27054B00100035

27054B00100034

27054B00100031

27054B00100032

27054B00100029

27054B00109004

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 29.10.2019 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou as informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 18 de febreiro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO