Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Santa María e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 30 de decembro de 2020, Ramón María Marcelino Canosa (***9019**), no nome e representación de si mesmo e de María Manuela Marcelino Canosa (***1212**), Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), Gustavo Adolfo Marcelino Canosa (***4088**) e Fátima María Marcelino Canosa (***4088**), solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Santa María.
Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Ramón María Marcelino Canosa (***9019**) e Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Santa María.
Situación:
Cuadrícula número: 10.
Polígono: B.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 14.4.1965.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Ramón María Marcelino Canosa (***9019**), María Manuela Marcelino Canosa (***1212**), Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), Gustavo Adolfo Marcelino Canosa (***4088**) e Fátima María Marcelino Canosa (***4088**).
Novos titulares: Ramón María Marcelino Canosa (***9019**) e Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 5 de febreiro de 2021
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo