Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12715

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 23 de febreiro de 2021 pola que se fixan os prezos privados para a venda ao público de diversas publicacións.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados.

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

– Envíame unha postal: Negativos de García Garrabella no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 15 €.

– Vestir épocas 1860-1960: A colección Ana González-Moro no Museo de Belas Artes da Coruña-La colección Ana González-Moro en el Museo de Belas Artes de A Coruña. Outubro 2020/marzo 2021. 45 €.

– Dicionario de termos literarios (i-m). 44,55 €.

– O cacique. Leopoldo Rojo Iglesias. 24 €.

– Luísa Villalta. As palabras ingrávidas. 24,38 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro (XLI). Restauración da memoria histórica e das formas tradicionais. Isaac Díaz Pardo: entrevistas. 17,61 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro (XLII). Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor. 23,21 €.

– O charco de Ulises. 9,50 €.

– Cadernos Ramón Piñeiro (XLIII). Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa: cartas a Carvalho Calero. 19,91 €.

– Narradores ocasionais de comezos do século XX (1901-1916). 23,47 €.

– Céltica. Caderno de Estudos Galaico-Portugueses. Porto (1960-1961). 25,56 €.