Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2021 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/36/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 29 de xaneiro de 2021, resolución en que se declara que as obras consistentes na construción dunha planta alta nova sobre outra planta baixa anteriormente existente e unha construción auxiliar exterior de planta baixa próxima ao peche de entrada á parcela, no lugar da Devesa, no Barco de Valdeorras, provincia de Ourense, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Manuela García Carracedo e aos herdeiros de Miguel López Álvarez, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística