Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 1004/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1004/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Edreira Rodríguez contra Hércules de Armamento, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou aclaración de Sentenza do 9 de decembro de 2020 en cuxo edicto consta:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Manuel Edreira Rodríguez de aclarar a sentenza ditada neste procedemento no sentido que se indica a continuación:

Onde di no resolvo “Condénase a empresa Hércules de Armamento, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.313,48 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral…” debe dicir “Condénase a empresa Hércules de Armamento, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 14.314,26 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral…”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza