Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12892

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se modifica o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Medicina Interna, que constan no anexo do Anuncio do Diario Oficial de Galicia número 200, do 2 de outubro de 2020, polo que se convocan para vinculación temporal diversas prazas de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG nº 200, do 2 de outubro), convocouse concurso de méritos para vinculación temporal en diversas prazas de persoal licenciado sanitario na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Como consecuencia da Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión de servizos, a natureza das prazas convocadas na especialidade de Medicina Interna (dúas reservas de praza) foi modificada por obteren os titulares destino noutro centro.

Ao persistir a necesidade de cobertura, é preciso anunciar esta circunstancia e abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 123, do 30 de xuño de 2016), e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Medicina Interna, que figuran no anexo do Anuncio do DOG nº 200, do 2 de outubro de 2020, polo que se convocan para vinculación temporal diversas prazas de persoal licenciado sanitario, que queda como consta no anexo desta resolución.

Segundo. Modificar o tipo de vínculo das prazas convocadas na especialidade de Medicina Interna, que figuran no anexo I da Resolución do 15 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas de persoal licenciado sanitario na categoría de facultativo especialista de área, que queda como consta no anexo desta resolución.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria na especialidade de Medicina Interna, que constan no anexo desta resolución, presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 22 de febreiro de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Sálnes

ANEXO

Especialidade

Grupo

Prazas

Centro

Medicina Interna

A1

2 interinidades en praza vacante

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés