Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12932

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 54/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Faustino Moreira Romeu contra Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Persoal, S.L.; e Fogasa, en execución de títulos xudiciais, rexistrada co número 54/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Persoal, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 24.3.2021, ás 9.20 horas, para o acto de vista de incidente de non readmisión, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín (9.10 horas en oficina xudicial para identificación de partes). Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Comunícase ás demandadas que está á súa disposición na oficina xudicial as actuacións para a súa consulta.

Para que sirva de citación a Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Persoal, S.L., expídese a presente cédula de citación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza