Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/13-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, das instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño).

Situación: concello do Carballiño.

Características técnicas: substitución do apoio de formigón nº D38-8 existente na LMT, 20 kV, ALB803 (expediente 2656-AT), por novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/1000; reténsanse os condutores existentes nus do tipo LA-56, sobre o apoio proxectado, e a lonxitude do novo van de liña é de 222 m, con orixe no apoio D38-6 e final no apoio D38-9.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, na rúa Curros Enríquez nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público, para a súa consulta, nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 10 de febreiro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/13-3.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño).

Predio nº: 1.

Lugar: Monte Queimado.

Cultivo: viñedo secaño.

Referencia catastral: 32020A037014220000RP.

Titular: descoñecido.

Enderezo: descoñecido.

Afección: 2 m2 de ocupación para o apoio D38-8.