Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para a agrupación de catro parcelas do polígono industrial A Rega-Cuiña.

O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do día 14 de xaneiro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o estudo de detalle, promovido pola entidade mercantil López Gonsalvez Alimentación, S.L., de agrupar catro parcelas coas seguintes referencias catastrais 3350417NJ9335S0000PL, 3350416NJ9335S0000QL, 3350415NJ9335S0000GL, 3350414NJ9335S0000YL, que se corresponden coas parcelas do polígono industrial da Rega-Cuíña, números 31, 32, 33 e 34.

Superficie do ámbito é de 5.456,50 m2.

Ámbito: polígono industrial A Rega-Cuíña.

Instrumento que o desenvolve: Plan parcial do polígono industrial A Rega-Cuíña.

Clasificación do solo: urbano.

Cualificación do solo: industrial.

Técnico redactor do ED: arquitecto David Novo López, colexiado núm. 4364 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Data do ED: 16 de decembro de 2020.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado na sede electrónica do Concello de Ortigueira, portal de transparencia, urbanismo, planeamento urbanístico https://ortigueira.sedelectronica.es/transparency

Ortigueira, 5 de febreiro de 2021

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde