Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 1/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángeles Lugo Barral contra a empresa Instituto París, S.L., sobre ordinario, se ditou o Decreto de insolvencia, do 11 de febreiro de 2021, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma ao Instituto París, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza