Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Garrido I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Garrido I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 30 de decembro de 2020, Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), no nome e representación de si mesmo e de María Marcelino Canosa (***0412**), Ramón María Marcelino Canosa (***9019**), María Manuela Marcelino Canosa (***1212**), Gustavo Adolfo Marcelino Canosa (***4088**) e Fátima María Marcelino Canosa (***4088**), solicitou autorización para a transmisión inter vivos e, sucesivamente, María del Carmen Canosa Santomé (***9083**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Garrido I.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos e, sucesivamente, mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Garrido I.

Situación:

Cuadrícula número: 21.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.1.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María del Carmen Canosa Santomé (***9083**), María Marcelino Canosa (***0412**), Ramón María Marcelino Canosa (***9019**), María Manuela Marcelino Canosa (***1212**), Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**), Gustavo Adolfo Marcelino Canosa (***4088**) e Fátima María Marcelino Canosa (***4088**).

Novo titular: Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda e da mellora en escritura pública e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polos transmitentes en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205F 2018/9-5, en concepto de subvencións para investimentos no ámbito da acuicultura, por importe de 4.895,00 €. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de febreiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo