Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dous predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal do Grove, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2021/37-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias, deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 18 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Localización

Referencia catastral

Municipio

Revolta

36022A026005370000EB

O Grove

O Grove

36022A022003460000EY

O Grove