Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica un acto administrativo ditado en procedementos de competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de ser devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o destinatario ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido realizar.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer e ter acceso ao expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2020/216-4) que estará á súa disposición nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Generosa Vilaboa Carrera

Notificación de afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Mos, na provincia de Pontevedra