Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13313

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a listaxe de puntuacións provisionais das persoas candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 30 de outubro).

Pola Resolución do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 18 de xaneiro), e tendo en conta a correspondente corrección de erros desta (DOG do 8 de febreiro), faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG do 30 de outubro).

Tras a análise e valoración, polo correspondente xurado de selección, das solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, designado pola Resolución do 3 de novembro de 2020 (DOG do 12 de novembro), e de acordo co disposto no artigo 13 da Orde do 19 de outubro de 2020, pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (DOG do 30 de outubro), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Publicar, no anexo desta resolución, as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG do 30 de outubro).

As persoas candidatas ou, se é o caso, os seus representantes legais, poderán presentar reclamación contra a puntuación obtida, no prazo de dez (10) días a partir do seguinte ao da súa publicación, e achegar a documentación que corresponda, preferiblemente por vía electrónica accedendo á Carpeta cidadá. Opcionalmente, poderase presentar a reclamación ou emenda de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no devandito artigo.

No caso de que se opte por presentar a reclamación ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que esta sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de ser certificada e remitida ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela. Poderase adiantar por correo electrónico ao enderezo xsere@edu.xunta.gal.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Puntuacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas

Apelidos e nome

Modalidade

Centro

Especialidade

DNI

Puntuación

Nivel

técnico

Calidade artística

Outros méritos

Total

Aldao López, Jorge Manuel

Música

CMUS Profesional da Coruña

Clarinete

**0830***

15,8

21

9,9

46,7

Candisano Gillanders, Clara

Música

CMUS Profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Violín

***6100**

13

14,2

23

50,2

Durán Viso, León Pedro

Música

CMUS Profesional da Coruña

Trompa

***0159**

20,8

23,4

9,5

53,7

Guimarey Touriño, Iván

Música

CMUS Profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Tuba

***2901**

24,4

29,2

18,5

72,1

Molina Touza, Ana

Música

CMUS Profesional da Coruña

Violín

***0261**

28,6

36,6

26

91,2

Pallas Otero, Álvaro

Música

CEMU Contrapunto histórico de Santiago de Compostela

Percusión

***5465**

21,2

23,8

0

45

Paniagua González, Óscar

Música

CMUS Profesional do Carballiño

Piano

***4418**

22,6

26,8

1,8

51,2

Ramos Diéguez, Andrea

Música

CMUS Profesional de Lalín

Clarinete

***9026**

15,2

13,4

23,5

52,1

Ruibal Seoane, Iván

Música

CMUS Profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Piano

***6559**

27,2

31,8

5,4

64,4

Alján Alves, Elba

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***0399**

21,5

30

1

52,5

Castillo Fernández, Sara Luna

APD

EASD Ramón Falcón, Lugo

Fotografía

***0416**

19,25

16

0

35,25

Fernández Vila, Carla

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***7980**

18,5

22,5

1

42

González Calle, Celia

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***6657**

16

15

5,8

36,8

Martínez Do Reis, Nicolás

APD

CE.ART. Aula D, Vigo

Proxecto e dirección de obras de decoración

***7848**

28

32

0

60