Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2020/0065-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As interesadas dispoñen do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data resolución

RL 2020/0065-1

I152019000151877

Aquabela Estética, S.L.

B70574322

A Coruña

Relacións laborais

1.2.2021

RL 2020/0192-1

I152020000021817

Clipoga Hosteleros, S.L.

B70303557

A Coruña

Relacións laborais

5.2.2021

RL 2020/0329-1

I152020000058492

Restauración Terracotta Grill, S.L.

B70496104

A Coruña

Seguridade e saúde

11.2.2021