Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13518

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo.

No BOP de Ourense do 23 de febreiro de 2021 publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo na RPT da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de xefe/a da Sección de Xestión e Selección de Persoal.

– Un (1) posto de xefe/a do Negociado de Calidade e Avaliación do Desempeño.

– Un (1) posto de asesor/a xurídico/a.

– Un (1) posto de xefe/a do Negociado de Ingresos Xerais.

– Un (1) posto de xefe/a do Negociado de Gastos.

– Un (1) posto de xefe/a do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación.

– Un (1) posto de xefe/a da Sección de Transparencia e Información Cidadá.

– Un (1) posto de xefe/a da Sección de Investimentos, Planificación e Programas Europeos.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es, na sección de ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 (norma que se considera vixente de acordo co establecido na disposición derrogatoria única en relación coa disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Neste último caso prégase que se envíe copia da instancia ao correo electrónico persoal@depourense.es.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da deputación provincial, no enderezo https://sede.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da deputación provincial, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 23 de febreiro de 2021

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense