Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de suspensión cautelar da tramitación de planeamento, xestión e licenzas no ámbito do polígono dos Rosales e no Ventorrillo (631/2021/13).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de febreiro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. No marco da modificación puntual do PXOM da Norma zonal número 8 relativa a equipamentos, proceder ao estudo e análise da posible modificación da cualificación urbanística de determinadas parcelas cualificadas como dotacionais no polígono dos Rosales, así como no contorno do depósito do Ventorrillo cualificado como espazo libre público, para os efectos de determinar a súa cualificación como pública ou privada, identificando as dotacións urbanísticas existentes de titularidade e/ou uso privado.

Segundo. Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, xestión do solo incluídos os de expropiación forzosa, execución material e licenzas no ámbito grafado que se xunta ao presente acordo e nas parcelas catastrais:

– 6424905NJ4062N.

– 6426503NJ4062N.

– 5729202NJ4052N.

– 6225905NJ4062N, agás a porción afectada pola Modificación puntual número 1/2016, relativa ao Camiño do Cura.

Así mesmo, as parcelas obxecto deste acordo de suspensión que non contan con referencia catastral son as delimitadas no plano que se xunta a este acordo.

Xúntase a este acordo a delimitación do ámbito de suspensión grafada no plano que se achega, así como o resume executivo.

A duración máxima da dita suspensión será dun ano. Sen prexuízo do anterior, a dita medida cautelar poderá ser obxecto de alzamento no marco da tramitación da modificación puntual.

A suspensión non afectará aos usos e actividades sinalados no artigo 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

Terceiro. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do concello.

Cuarto. Notificar este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O plano e o resumo executivo aos que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «Exposición Pública».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 26 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo