Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13516

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do convenio urbanístico relativo ao sector de solo urbanizable número 12 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo.

Na data do 22 de xaneiro de 2021, o Concello de Sanxenxo e Acciona Inmobiliaria, S.L.U., propietaria maioritaria do sector de solo urbanizable nº 12 (SU 12) do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo (PXOM), subscribiron un convenio urbanístico coa finalidade de modificar a ordenación do ámbito.

O texto íntegro do convenio e a súa documentación gráfica, debidamente tratados consonte a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía de dereitos dixitais, poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo: http://sede.sanxenxo.es, introducindo o seguinte CSV: KVA26XBZFJ8CT2DN.

De conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia.

Sanxenxo, 25 de xaneiro de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente