Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13699

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se dispón a publicación da resolución do xurado da primeira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

De conformidade co establecido no punto 7 das bases da convocatoria da primeira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres, aprobadas pola Resolución do 9 de marzo de 2020 (DOG núm. 53, do 17 de marzo),

RESOLVO:

Dar publicidade á resolución emitida polo xurado, con data do 24 de febreiro de 2021:

– Premio traballo fin de grao: Amara García Adán, polo traballo titulado «Inxustiza epistémica e argumentación xurídica. Especial atención nos casos de violación».

– Finalista traballo fin de grao: Sabela Pérez Martín, polo traballo titulado «Unha realidade silenciada. Violencia machista institucional».

– Premio traballo fin de máster: Ángela Fernández Dasilva, polo traballo titulado «As políticas de igualdade de xénero na universidade. O caso de Galicia».

– Finalista traballo fin de máster: Noelia Álvarez Estévez, polo traballo «Análise da representación das mulleres nos libros de FOL (formación e orientación laboral) a través da revisión bibliográfica».

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo