Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 332/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 332/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerhard Prinsloo contra Oels English, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo a demanda presentada por instancia de Gerhard Prinsloo contra a entidade Oels English, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, extingo na data desta resolución (12 de febreiro de 2021) a relación laboral existente entre o demandante e a entidade demandada, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador a cantidade de 9.489,98 euros en concepto de indemnización e os salarios de tramitación desde a data do despedimento (29 de xuño de 2020) á data da extinción da relación laboral (12 de febreiro de 2021) a razón de 54,78 €/día.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se realice a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar, no campo Concepto, recurso seguido do código 34 Social suplicación, acreditado mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Pronúncioo, mándoo e asínoo por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia».

Para que sirva de notificación en legal forma a Oels English, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza