Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de febreiro de 2021 pola que se notifica resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Arnelles, varada no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Marino José Rodríguez Suárez, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 2 de febreiro de 2021, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación da cal é propietario, de nome Arnelles e folio 7ª-BA-2-2411-91, varada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por encontrarse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún en parcela de Portos de Galicia no porto de Ribadeo e sen aboar taxas, desde que foi reflotada por persoal de Portos de Galicia dado o incumprimento de ordes de retirada emitidas pola Zona Norte da entidade e o risco de afundimento da embarcación en xuño de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que cómpre realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe serán por conta do propietario.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia