Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14013

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021 pola que se adxudican os I Premios Galegos de Innovación e Deseño, correspondentes á convocatoria do ano 2020.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 25 de setembro de 2020 (publicada no DOG núm. 204, do 8 de outubro), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse os Premios Galegos de Innovación e Deseño, co obxectivo de destacar as mellores prácticas para que sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade de vida das persoas.

En cumprimento do establecido no artigo 12 das bases reguladoras, «A adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora da GAIN, de acordo coa proposta do xurado».

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os I Premios Galegos de Innovación e Deseño, logo da proposta do xurado:

– Premio Galego de Innovación, modalidade Traxectoria Innovadora, a Francisco Guitián Rivera, con NIF 33191825L. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galego de Innovación, modalidade Grande Empresa, a Cupa Innovación, S.L.U., con NIF B32347759. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galego de Innovación, modalidade Pequena e Mediana Empresa, a Marine Instruments, S.A., con NIF A36924140. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galego de Deseño, modalidade Profesionais, a Cenlitrosmetrocadrado, Sociedade Cooperativa Galega, con NIF F70580220. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Premio Galego de Deseño, modalidade Empresa, a Televés, S.A.U., con NIF A15010176. O premio ten carácter honorífico.

– Premio Galego de Deseño, modalidade Mozos/as Deseñadores/as, a Eva Yarza Hilario, con NIF 39458630Z. O premio consiste nun importe en metálico de 15.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

Segundo. Conforme o artigo 22 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2020, polos importes que se indican:

Categorías de Innovación

NIF/CIF

Subtotal (€)

Traxectoria Innovadora: Francisco Guitián Rivera

33191825L

15.000,00 €

Pequena e Mediana Empresa: Marine Instruments, S.A.

A36924140

15.000,00 €

Categorías de Deseño

NIF/CIF

Subtotal (€)

Profesionais: Cenlitrosmetrocadrado, Sociedade Cooperativa Galega

F70580220

15.000,00 €

Mozos/as Deseñadores/as: Eva Yarza Hilario

39458630Z

15.000,00 €

Total 09.A3.561A.480.0

60.000,00 €

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no dito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación