Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), fanse públicas as seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de 97.498 prazas de polos de ceba por ciclo produtivo

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: A Moa, S.C.

Núm. rexistro AAI: 2015-IPPC-84-304

Localización: concello de Baltar (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-175

Instalación: explotación avícola de galiñas poñedoras

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Avícola Tratante, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0402_NAA/IPPC_070

Localización: concello de Dozón (Pontevedra)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-53

Instalación: granxa de porcos de ceba

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Ganadería Dacosta, S.C.

Núm. rexistro AAI: 2006/0405_NAA/IPPC_084

Localización: concello de Dozón (Pontevedra)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-157

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático