Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14020

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro) e correccións de erros (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro de 2020, e Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro de 2020), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 22 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro) e corrección de erros (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2020, e DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 21 de marzo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, nos pavillóns números 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do tribunal