Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14175

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2021 (código de procedemento IF318A).

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, nunha aposta decidida pola mellora da calidade do servizo público de transporte, ten consolidada unha liña de subvencións orientada a mellorar as capacidades profesionais e as habilidades técnicas do persoal que opera no sector. As distintas convocatorias, a última das cales se efectuou por Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2020), posibilitaron o desenvolvemento na nosa comunidade duns completos programas de formación, deseñados polas asociacións profesionais integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, que tiveron a súa tradución nun sector máis preparado e, por tanto, máis competitivo.

Esta orde continúa o camiño iniciado por esas actuacións previas, unha vez constatada a súa idoneidade para acadar os obxectivos propostos.

En virtude do exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia (código de procedemento IF318A), ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2021.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Plan formativo

1. Para acceder ás axudas reguladas nesta orde, as entidades a que se refire o artigo seguinte deberán presentar un plan formativo que abranguerá a totalidade de cursos ou seminarios que pretendan realizar no ano 2021 e dentro dos prazos de xustificación previstos nesta orde. Para estes efectos, como anexo I desta orde publícase a relación básica de cursos que se considerarán subvencionables, estruturados por área, modalidade e duración.

A devandita relación básica de cursos subvencionables será desenvolvida e completada por unha guía de referencia que se publicará na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (http://civ.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_mercadorias?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Axudas_e_subvencions/Plan.html&std=Convocatoria.html&sub=Axudas_formacion/). Nela especificaranse as características básicas que deben reunir os cursos, así como os importes máximos que se outorgarán para cada un deles. As especificacións desa guía de referencia teñen carácter vinculante, de xeito que todos os cursos incluídos no plan formativo deberán axustarse a elas para que este poida ser subvencionable.

2. Para que o plan formativo resulte subvencionable, os cursos que inclúa deberán afectar cando menos o seguinte número mínimo de áreas das recollidas no anexo I, segundo o custo que suporía executar o plan formativo nas condicións propostas:

Porcentaxe que supón o custo do plan formativo en relación co crédito orzamentario dispoñible. Mínimo de áreas do anexo I a que deberá afectar o plan formativo:

10 – 20 %

2

21 – 30 %

3

Máis do 30 %

4

3. As axudas outorgaranse de acordo coa consignación orzamentaria dispoñible e poderán cubrir ata o 100 % do custo total do plan formativo.

O importe outorgado destinarase a realizar a totalidade dos cursos do plan formativo. Non se admitirá a realización de cursos de contido distinto aos presentados no plan formativo. Non obstante, se as demandas formativas o aconsellaren, poderase incrementar o número de edicións dos xa incluídos nel, sempre que non se supere o importe global outorgado e a contía individual de cada curso non supere os límites máximos establecidos na guía de referencia, coa rebaixa que, se é o caso, a entidade solicitante se comprometa a aplicar.

Igualmente, no caso de que a contía global da axuda outorgada non cubra o custo de todo o plan formativo, a entidade beneficiaria poderá aplicala a realizar aqueles cursos ou seminarios incluídos nel que resulten de maior interese para o alumnado.

En todo caso, os cursos que se van realizar, así como os posibles cambios que os afecten, deberán ser comunicados á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte nos termos do artigo 20.2 desta orde

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non de xeito efectivo no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da comunidade autónoma.

2. As entidades indicadas no punto anterior non deberán, no momento de presentaren a solicitude, estar incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Créditos orzamentarios e contía

1. A concesión das axudas farase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.512A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, por importe de catrocentos mil euros (400.000 €).

Non obstante, o importe indicado poderá ser ampliado se concorrer algún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este incremento queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e á aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

2. As axudas previstas nesta orde serán compatibles con calquera outra outorgada por outros departamentos, administracións ou entes públicos ou privados, nacionais e internacionais, mais sen que en ningún caso o conxunto de axudas recibidas poida superar nin o custo máximo estimado nin o real da actividade que desenvolverá a entidade beneficiaria ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento legalmente establecido.

Artigo 5. Solicitudes e prazo de presentación

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.

A solicitude irá acompañada, ademais, da documentación a que se fai referencia no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp); non obstante, a descrición detallada dos cursos incluídos no plan, a que se refire a letra g) do punto 1 do artigo 6, deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade).

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:

a) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nesta orde, así como das obrigas e compromisos que nela se establecen.

b) Autenticidade dos datos facilitados.

c) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.

d) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Axudas solicitadas e/ou concedidas por outras administracións públicas para o mesmo proxecto, con indicación das contías ou, de ser o caso, indicación de que non recibiu ningunha.

f) Autenticidade e coincidencia cos orixinais da documentación anexada coa solicitude, e posta á disposición da administración dos ditos orixinais en caso de que se lle requiran.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Acta de constitución da entidade solicitante.

b) Estatutos da entidade solicitante.

c) De non constar nos documentos anteriores, poder que acredite a capacidade para actuar en nome da entidade da persoa que asina a solicitude.

d) Descrición detallada dos cursos integrados no plan formativo para o cal se pide a axuda. Esta descrición deberá facerse nun documento electrónico en formato Microsoft Excel ou compatible, o cal deberá axustarse á estrutura e ao contido do modelo que, para tal efecto, a Dirección Xeral de Mobilidade poñerá á disposición das entidades interesadas na súa páxina web institucional (http://civ.xunta.gal/mobilidade).

Así mesmo, para elaborar este documento deberá terse en conta o previsto na guía de referencia, de acordo co que establece o artigo 2 desta orde. O custo do plan formativo será o resultado de sumar os importes que especifica a dita guía para cada curso solicitado, minorados, de ser o caso, na porcentaxe de rebaixa que a entidade solicitante se comprometa a aplicar.

e) De considerarse oportuno, poderán achegarse cantos documentos se considere que poden contribuír a unha mellor descrición do plan formativo e, especificamente, a valoración dos aspectos indicados no artigo 13.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/axuda/necesita-axuda/axuda-tecnica/requisitos).

5. Non será preciso anexar a documentación referida nas letras a), b), e c) do punto 1 se esta xa figura completa e debidamente actualizada no poder da Dirección Xeral de Mobilidade, para os efectos da renovación da composición do Comité Galego de Transporte por Estrada ou de calquera outro procedemento, e así se indica expresamente na solicitude.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa representante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación desta solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 10. Órganos competentes

1. Deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade as competencias para resolver os procedementos de concesión, aprobación do gasto, reintegro e demais actuacións necesarias para o desenvolvemento das axudas obxecto desta orde.

2. A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte será o órgano competente para instruír o procedemento de concesión das subvencións e correspóndelle como tal o exercicio das facultades previstas no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de vacante, ausencia ou enfermidade da anterior, a instrución corresponderalle á persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.

3. As competencias que se delegan mediante esta orde na persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade serán exercidas temporalmente, no caso de ausencia, vacante ou enfermidade, e mentres persistan estas circunstancias, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

Artigo 11. Instrución dos procedementos

1. O órgano instrutor será o encargado de verificar o cumprimento das condicións exixidas nesta orde e no resto de normativa aplicable para poder ser beneficiario das axudas e para tal fin analizará as solicitudes presentadas e a documentación que as acompañe.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

A remisión de documentación complementaria que sexa requirida pola Administración ou a emenda da solicitude inicialmente formulada realizarase exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 8.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e que conten coa documentación necesaria serán obxecto de valoración polo órgano instrutor, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na restante normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 12. Valoración

1. Consonte o artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano instrutor será o encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte. Para tal fin, elaborará un informe en que figurarán de xeito individualizado as entidades solicitantes que cumpren os requisitos para obter a subvención, e no cal se especificará a valoración que lles corresponde segundo os devanditos criterios. Así mesmo, indicarase o importe da axuda para cada unha delas, ata esgotar o crédito dispoñible.

2. As solicitudes que non poidan ser atendidas por insuficiencia de crédito quedarán en reserva, e poderán, se é o caso, ser subvencionadas ben co crédito que quede libre se se produce algunha renuncia por parte das entidades beneficiarias, ben co incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivos informes conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 13. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes formuladas efectuarase para o conxunto do plan formativo que presente cada entidade solicitante, de acordo cos seguintes criterios de valoración:

a) Representatividade total da asociación ou federación no ámbito profesional, ponderada en atención ao número de vehículos pertencentes ás empresas integradas nela, segundo os datos que constan na Dirección Xeral de Mobilidade para os efectos de renovación da composición e votos do Comité Galego de Transporte por Estrada: ata 20 puntos.

No caso de que presenten solicitude unha federación e unha ou varias das asociacións integradas nela, para ponderar a representatividade daquela non se terán en conta os vehículos que correspondan a estas últimas.

As entidades que poidan ter a condición de beneficiarias por estaren integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada pero non sexan representativas de empresas titulares de vehículos con persoal de condución para o desenvolvemento da actividade ou do sector de actividade que representen, terán cero puntos nesta epígrafe.

b) Adecuación dos temas obxecto de estudo ao interese público do transporte por estrada e ás necesidades de formación: ata 25 puntos.

Para estes efectos, cada actividade valorarase, atendendo á memoria presentada, de acordo coa puntuación que se indica no anexo I desta orde (columna «adecuación ao ámbito do transporte»).

c) A correcta execución das actividades que recibisen axudas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2020: ata 10 puntos.

As entidades que non fosen beneficiarias de subvención ningunha ao abeiro da orde indicada terán unha puntuación fixa de 5 puntos nesta epígrafe.

d) Custo do programa formativo, que se ponderará en atención á minoración que a entidade solicitante propoña aplicar sobre o custo previsto na guía de referencia para os cursos que solicita. Por este concepto repartiranse 25 puntos, de acordo coa seguinte escala:

1º. Os programas formativos que non propoñan ningunha minoración respecto dos importes da guía de referencia recibirán cero puntos nesta parte.

2º. Minoracións de ata o 5 %: 2 puntos.

3º. Minoracións superiores ao 5 %, ata o 10 %: 12 puntos.

4º. Minoracións superiores ao 10 %, ata o 25 %: 20 puntos.

5º. Minoracións superiores ao 25 %: 25 puntos.

A minoración comprometida por este concepto deberá ser respectada, en caso de resultar beneficiario, no momento da xustificación, de acordo co que dispón o artigo 19.

e) Compromiso do uso da lingua galega no desenvolvemento da actividade: ata 10 puntos, avaliables segundo os seguintes criterios acumulativos:

1º. Uso da lingua galega na difusión e publicidade dos cursos: ata 3,5 puntos.

2º. Uso da lingua galega no material didáctico empregado: ata 5 puntos.

3º. Uso da lingua galega polo persoal encargado de impartir os cursos: ata 1,5 puntos.

O compromiso de utilización da lingua galega deberá ser respectado durante a realización das actividades formativas, con suxeición, se non o fixer, ás consecuencias recollidas no artigo 23.

f) Compromiso de destinar unha porcentaxe do custo total do plan formativo a celebrar cursos nas provincias de Lugo e/ou Ourense: ata 10 puntos. Para estes efectos, o compromiso do 100 % recibirá 10 puntos, e os compromisos inferiores, os que proporcionalmente correspondan.

O compromiso a que se refire este punto deberá ser respectado durante a realización da actividade subvencionada e, en caso contrario, dará lugar ás consecuencias que se sinalan no artigo 21.

2. As axudas outorgaranse aos que ocupen os primeiros lugares na relación de entidades beneficiarias elaborada consonte os puntos anteriores, ata esgotar o crédito orzamentario dispoñible. Non obstante, ningún deles poderá recibir unha subvención superior á contía que resulte de aplicar, sobre o total do crédito orzamentario dispoñible, unha porcentaxe igual á da representatividade que teña a asociación ou federación no Comité Galego de Transportes por Estrada, ponderada en atención ao número de vehículos das empresas nela integradas, incrementada nun 10 %. Para facer esta ponderación será aplicable a regra contida no parágrafo segundo da letra a) do punto anterior.

Para estes efectos, as entidades a que se refire o parágrafo terceiro da letra a) do punto anterior terán como límite a mesma contía que corresponda á que menos vehículos teña do resto das asociacións ou federacións.

3. No momento en que, durante o proceso de adxudicación das axudas ás entidades ordenadas segundo a súa valoración, o crédito resulte insuficiente para cubrir o total do importe máximo subvencionable que lle correspondería á seguinte asociación ou federación da lista, a esta seralle adxudicada unha subvención polo importe equivalente ao orzamento restante. Feito isto, se aínda quedar algunha entidade pendente, seralle denegada a subvención, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2.

Artigo 14. Resolución

1. Unha vez elaborado o informe de valoración, o órgano instrutor elevará este, xunto coa proposta de resolución, á persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, para que esta dite a resolución que corresponda para cada entidade solicitante.

No caso de que, atendendo ás solicitudes formuladas, resulte acreditada a suficiencia do crédito dispoñible, o órgano instrutor poderá elevar propostas parciais de resolución, e procederase a resolver sucesivamente as distintas solicitudes formuladas por orde cronolóxica de conclusión dos correspondentes expedientes administrativos.

En ningún caso o importe da subvención concedida poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria, ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecido.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de catro meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre este prazo sen que se dite resolución expresa, as entidades interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 15. Notificación

1. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes rexeitadas, con expresión sucinta dos motivos do rexeitamento.

2. Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a empresa beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días hábiles a súa aceptación e comprometerse a executar a actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria, no modelo do anexo IV. No caso de non comunicar este aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

3. As notificacións de resolucións e actos administrativos distintas ás previstas no punto 1 deste artigo e no artigo 11.2 desta resolución efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e segundo o seguinte:

a) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpren a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

c) As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

d) Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación publicación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo de catro meses para resolver previsto no artigo 14.2.

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. As persoas ou entidades beneficiarias están obrigadas a comunicarlle á Dirección Xeral de Mobilidade calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente o destino ou a correcta aplicación da axuda outorgada. Para estes efectos, non terá a consideración de modificación das condicións tidas en conta para a concesión da axuda a variación que no marco das medidas preventivas fronte á COVID-19, ou situacións análogas, puider adoptar a Administración outorgante no número mínimo de asistentes a cada unha das accións formativas subvencionables.

2. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á entidade interesada.

Artigo 18. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde asumen as obrigas recollidas con carácter xeral na normativa de subvencións e, especificamente, as seguintes:

Obriga de reintegro total ou parcial da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

A execución da formación cun número inferior ao mínimo do alumnado requirido será causa de incumprimento total. Considerarase que o alumnado finalizou a formación cando asisitiron polo menos ao 75 % do total de horas da acción formativa, é dicir, non se admitirán faltas de asistencia por ningunha causa superiores ao 25 % da acción formativa.

Obriga de permitir que a Dirección Xeral de Mobilidade realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, ben de xeito directo ben mediante equipos ou persoal externo designado e acreditado para o efecto, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como de facer o seguimento e control das axudas concedidas.

Obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

2. As entidades beneficiarias das axudas estarán obrigadas a facer constar na publicidade, así como na difusión e publicación de calquera material ou documento relacionado coa execución da formación que se destine ao público en xeral ou ás persoas participantes a inscrición: «Curso/seminario/xornada (segundo proceda) subvencionado pola Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia».

A inscrición debe constar en todas as medidas de información e comunicación que se realicen, así como en calquera documento relacionado coa execución da formación (carteis, manuais, contidos formativos, diapositivas...). Tamén deberán incorporar o logotipo da Xunta de Galicia, de acordo co publicado na web institucional da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal).

3. Igualmente, as entidades beneficiarias das axudas estarán obrigadas a pór á disposición da Dirección Xeral de Mobilidade un mínimo dun 15 % das prazas dispoñibles para cada curso (cun mínimo de tres prazas por curso), destinadas preferentemente ao persoal dos corpos e forzas de seguridade do Estado, das unidades adscritas a esta comunidade autónoma e das policías locais, que faga funcións de colaboración en materia de transporte; estas prazas non se computarán para os efectos de cálculo do número máximo de asistentes por curso nin se acumularán ás prazas dispoñibles en caso de non seren cubertas por esta Administración.

4. Nos supostos en que os cursos ou seminarios subvencionados non sexan gratuítos para as persoas asistentes, a entidade organizadora unicamente poderá percibir daqueles a cantidade correspondente á parte do custo non subvencionada, feito este que deberá constar documentalmente.

5. As entidades beneficiarias deben obter unha autorización asinada por cada alumno para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento das accións formativas, de conformidade co artigo 6 da LO 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos personais e garantía dos dereitos dixitais. Con antelación ao inicio de cada acción formativa, a persoa que represente a entidade beneficiaria deberá remitir á Dirección Xeral de Mobilidade unha declaración responsable que manifeste expresamente que se obtivo a anterior autorización, consonte o modelo inserido como anexo III desta orde.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. O 2 de novembro de 2021 será o último día para presentar a documentación xustificativa das accións formativas realizadas ao abeiro desta convocatoria de axudas.

Non obstante, e atendendo ás ordes de peche do exercicio orzamentario que dite a Consellería de Facenda, o prazo indicado poderá ser adiantado mediante resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, á cal se dará publicidade no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

2. A xustificación farase presentando unha conta xustificativa que conterá a seguinte documentación:

a) Memoria de actuación, na cal se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos. De ser o caso, nesta memoria deberanse especificar claramente as variacións introducidas no plan formativo inicialmente presentado, de acordo co disposto no artigo 2.3, así como aqueles cursos e/ou edicións que non se realizasen e os motivos desta inexecución.

b) Relación clasificada dos gastos e investimentos que supuxo a execución do plan formativo, desagregada por cursos e edicións. Nesta relación deberase identificar o documento, o acredor, a data de emisión, o importe e a data de pagamento.

c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil que estean incorporadas á relación indicada na letra anterior. Estas facturas deberán ser orixinais ou fotocopias compulsadas.

d) Documentación acreditativa do pagamento das devanditas facturas.

e) De ser o caso, documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios.

f) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

g) Relación de alumnos/as de cada curso ou seminario en que figure o seu número de DNI, enderezo completo, teléfono de contacto e conta de correo electrónico. No caso dos cursos presenciais ou mixtos, esta relación deberá contar, ademais, coa sinatura de cada alumno/a.

Deberán xustificar a participación na actividade formativa (partes de asistencia do alumnado e do persoal docente), nos cales se identificará en cada sesión formativa o formador ou formadores que a impartan e o alumnado, indicando a data, horario, DNI, nome e sinatura.

Deberán entregar tamén a lista de alumnos que superaron o curso, indicando o seu nome e DNI e, de terse establecido un sistema de avaliación, a nota obtida, indicando o seu nome e DNI.

h) Un exemplar do material didáctico empregado como soporte ou apoio para impartir as actividades formativas. Para estes efectos, achegarase un único exemplar por cada curso ou seminario que teña o mesmo contido e natureza, sen que sexa preciso presentar unha copia por cada edición.

i) Mostras dos carteis, folletos, dípticos ou outro material empregado para dar publicidade ao plan formativo subvencionado e/ou aos seus cursos.

j) De ser o caso, as ofertas de tres provedores diferentes e a memoria xustificativa da elección realizada, de acordo co que establece o artigo 22.5.

3. A documentación antedita deberá ser presentada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, e dirixida á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade. Esta poderá requirir ás entidades beneficiarias a incorporación de calquera outra documentación necesaria para pagar a subvención.

4. Transcorrido o prazo previsto no punto 1 sen que a entidade interesada achegue a documentación indicada, será requirida para que no prazo de dez días emende ese incumprimento.

A falta de xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito a cobrar a subvención e a exixencia das responsabilidades que poidan corresponder segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A realización da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 20. Pagamento

1. Unha vez examinada a documentación presentada consonte o artigo anterior, aboaranse as cantidades que correspondan ás actividades correctamente realizadas. Esta contía non poderá superar en ningún caso os importes xustificados nin a subvención concedida para executar o plan formativo nin o importe máximo por curso previsto na guía de referencia, unha vez aplicada, se é o caso, a porcentaxe de rebaixa comprometida na solicitude. En caso de que, consonte o previsto no artigo 2.3, se produzan cambios nos cursos do plan formativo durante a execución deste, a cantidade que se cobrará polos novos cursos xustificados non poderá superar os importes máximos previstos para eles na guía de referencia, logo de aplicar, de ser o caso, a citada porcentaxe.

O pagamento farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que, para tal efecto e asumindo o compromiso da veracidade dos datos e da súa titularidade, consigne a entidade interesada na solicitude.

2. Poderán realizarse pagamentos fraccionados á conta da liquidación definitiva, que responderán ao ritmo de execución das actividades subvencionadas, cos seguintes requisitos:

a) A periodicidade destes pagamentos será mensual.

b) Unicamente se pagarán as contías correspondentes a cursos completos, nunca a partidas individuais dentro destes.

c) A porcentaxe máxima que se poderá recibir mediante estes pagamentos fraccionados será do 80 % da subvención total concedida.

d) Para poder acceder a estes pagamentos, a entidade beneficiaria deberá achegar a documentación indicada no punto 2 do artigo anterior relativa ao curso ou cursos que se pretenden cobrar.

As entidades beneficiarias, como colaboradoras da Administración en representación do sector profesional do transporte por estrada a través do Comité Galego de Transporte por Estrada, non estarán obrigadas a constituíren garantías para acceder a eses pagamentos á conta, de acordo co artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades beneficiarias poderán solicitar, así mesmo, o pagamento anticipado de ata o 80 % da subvención concedida. Para tal fin deberán presentar unha memoria en que se especifiquen os gastos que se prevén cubrir co dito adianto e constituír como garantía un seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou un aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca.

A dita garantía deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación que se recolle no artigo 19, e cubrirá o 110 % das cantidades anticipadas.

Artigo 21. Realización das actividades

1. As actividades obxecto de subvención deberán desenvolverse segundo a planificación proposta na solicitude, concretando as datas exactas de celebración unha vez que se confirme a asistencia mínima prevista para cada actividade.

Non se poderán celebrar as actividades e, por tanto, xustificar o gasto correspondente, se non se confirma a asistencia mínima prevista para a propia actividade, agás que se produzan ausencias xustificadas por causa razoable e así se comuniquen de acordo co previsto no punto seguinte. Considerarase que o/a alumno/a finalizou a formación cando asistiu polo menos ao 75 % do total de horas da acción formativa, de tal xeito que a falta de asistencia, por calquera causa, superior ao 25 % de horas, implicará que non se terá por realizada a formación polo/a alumno/a e non será computable para os efectos de acreditar a asistencia mínima.

Se se produciren abandonos de alumnos durante o primeiro cuarto de duración da acción formativa, poderán incorporarse outros alumnos en substitución daqueles.

O número mínimo de alumnos asistentes á formación deberá manterse durante toda a duración da acción formativa, sen prexuízo do eventual acordo de redución do número mínimo de alumnos requiridos para cada acción formativa que, no marco das medidas de prevención fronte á COVID-19, ou situacións análogas, poida adoptar o órgano concedente.

2. Para cada curso e, de ser o caso, para cada edición dentro destes, as entidades beneficiarias deberán comunicar á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte o seu inicio con non menos de cinco días naturais de antelación. Esta comunicación farase por correo electrónico, ao enderezo que se indique na resolución de outorgamento da axuda, e deberá ter o contido e o formato normalizado que para o efecto estableza a Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

Alén do anterior, con non menos de tres días naturais de antelación á data de inicio, as entidades beneficiarias deberán comunicar, polos mesmos medios, a relación de alumnos admitidos á realización da actividade, coa indicación do seu nome e apelidos, documento de identidade, domicilio e teléfono de contacto.

Do mesmo xeito, dentro da primeira media hora de cada sesión do curso, a entidade beneficiaria terá que comunicar polos mesmos medios a relación de alumnos asistentes, con indicación clara das posibles ausencias que se produzan, así como da súa causa, que deberá ser debidamente xustificada.

Para garantir a adecuada recepción das comunicacións anteriores, poderase exixir ás entidades beneficiarias da axuda, en calquera momento, que aquelas se presenten, neses mesmos prazos, polos medios ordinarios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O órgano instrutor poderá acordar, en relación con determinadas actividades e co fin de garantir o adecuado control, que a entidade beneficiaria remita, por medios telemáticos, ao inicio de cada sesión na cal se constitúa a actividade, información complementaria sobre as incidencias sucedidas en relación coa asistencia ao curso.

Artigo 22. Subcontratación

1. As entidades beneficiarias das subvencións poderán subcontratar a realización dos cursos ou seminarios ata o total da actividade subvencionada. Non se considerará subcontratación a realización dos cursos por unha asociación profesional integrada na beneficiaria ou polas mesmas entidades que integran a beneficiaria; non obstante, non se poderá subcontratar con estas se teñen tamén a condición de beneficiarias da subvención.

2. De acordo co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o devandito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se asine por escrito.

b) Que a súa celebración sexa autorizada previamente pola persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade. Esta autorización deberá outorgarse no prazo de quince días desde a data de entrada da solicitude nos servizos centrais deste órgano administrativo e entenderase outorgada se transcorre o devandito prazo sen notificarse a resolución.

3. Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no punto anterior.

4. En ningún caso poderá a entidade beneficiaria concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da citada Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, a menos que o devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou os servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria, salvo que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e sexa autorizada previa e expresamente pola Dirección Xeral de Mobilidade.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención nesta mesma convocatoria.

5. De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a realización do curso ou seminario, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o poidan realizar.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 23. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou no resto da normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

Singularmente, e consonte o previsto no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión da subvención:

a) Anular ou suspender un curso ou edición cuxo inicio xa fose anunciado nos termos do artigo 21.2 desta orde sen comunicalo á Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte previamente. Porén, non se considerará que existe incumprimento se a anulación ou suspensión se debeu a causas de forza maior debidamente xustificadas, e así se comunica á devandita subdirección dentro das vinte e catro horas posteriores a se produciren eses feitos excepcionais.

O incumprimento descrito no parágrafo anterior determinará a imposibilidade de xustificar e cobrar as contías correspondentes ao curso ou edición anulado ou suspendido, mesmo se se realiza con posterioridade, e ademais incidirá sobre o importe final de axuda que se percibirá segundo a seguinte escala:

1º. A primeira anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 10 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

2º. A segunda anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 25 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

3º. A terceira anulación ou suspensión dará lugar a unha redución nun 50 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

4º. De producirse unha cuarta anulación ou suspensión, a subvención concedida será revogada e a entidade beneficiaria deberá reintegrar, de ser o caso, as cantidades xa percibidas.

As reducións indicadas e mais a revogación terán carácter acumulativo e aplicaranse sempre sobre o importe que resulte da documentación achegada na fase de xustificación da axuda.

b) Incumprir a porcentaxe mínima do custo total do plan formativo que o beneficiario se comprometeu na descrición daquel a destinar á realización de actividades formativas nas provincias de Lugo e/ou Ourense.

A citada porcentaxe resulta vinculante para a fase de execución das devanditas actividades, de maneira que en ningún caso se aboarán cantidades por actividades formativas celebradas no resto de Galicia que estean por enriba da que correspondería unha vez descontada a porcentaxe que se comprometeu a destinar ás provincias de Lugo e/ou Ourense.

Se, como consecuencia de anticipos ou xustificacións parciais, se incumpre a regra anterior, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro pola diferenza.

c) Non comunicar a relación de persoas asistentes e mais as posibles ausencias dentro da primeira media hora de cada sesión, de acordo co previsto no artigo 21.2. Este incumprimento dará lugar ás seguintes penalidades:

1º. En caso de que na sesión en que se produciu a omisión non haxa ningunha ausencia, ou haxa un número de ausencias que non sitúe o total de alumnos por debaixo do mínimo exixido na guía de referencia, a falla de comunicación dará lugar á perda da subvención que proporcionalmente lle corresponda a esa sesión, en función do número total de sesións de que conste o curso.

2º. Se as ausencias non comunicadas determinan que na sesión afectada o número de alumnos sexa inferior ao establecido como mínimo na guía de referencia, o incumprimento suporá a imposibilidade de cobrar as contías correspondentes ao curso afectado.

Non obstante, se non se realiza a comunicación a que se refire esta letra en ningunha das sesións do curso, aplicarase o disposto na letra a).

Por outra parte, tamén se considerará que se produciu un incumprimento das condicións da subvención cando a entidade beneficiaria si realice a comunicación a que se refire esta letra, mais posteriormente se constate por calquera medio a falta de veracidade dos datos facilitados.

Este incumprimento determinará a imposibilidade de cobrar as contías correspondentes ao curso afectado, así como a redución nun 20 % da axuda total que se percibirá pola execución do plan formativo.

d) Incumprir o compromiso de uso da lingua galega, de acordo co consignado para o efecto na solicitude. Este incumprimento determinará unha redución dun 10 % do importe da subvención que correspondería cobrar polo/s curso/s ou seminario/s en que se detecte.

2. As reducións e/ou devolucións previstas no punto anterior aplicaranse sobre o importe que resulte da documentación achegada na fase de xustificación da axuda.

No caso de que a entidade beneficiaria xa recibise algunha cantidade en concepto de anticipo ou como consecuencia de xustificacións parciais, a aplicación das reducións dará lugar, de ser necesario, á aplicación dun procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Control

1. A Dirección Xeral de Mobilidade poderá levar a cabo, directa ou indirectamente, as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento da finalidade das axudas que se concedan.

2. Alén do anterior, as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non regulado nesta orde observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 26. Información ás persoas e entidades interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:

a) A súa páxina web oficial (http://civ.xunta.gal/mobilidade).

b) Os teléfonos 881 99 50 53 e 881 99 50 77 da devandita dirección xeral.

c) O enderezo electrónico: formacion.transportes@xunta.gal

Disposición adicional primeira. Habilitación de melloras ofimáticas

A Dirección Xeral de Mobilidade poderá habilitar unha aplicación informática que, vía web, permita a transmisión da información referente ás actividades realizadas.

Neste caso, a partir da súa posta en funcionamento, a formalización de modelos, a remisión de datos de actividades, asistencias e incidencias, e demais comunicacións previstas nesta orde como de transmisión por medios dixitais ou electrónicos, substituirase pola súa carga pola entidade beneficiaria no contorno da indicada aplicación, resultando obrigatoria para este.

Disposición adicional segunda. Actividades formativas previas á resolución de outorgamento

Consideraranse subvencionables ao abeiro desta orde as actividades formativas que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2021 e antes de que se dite resolución definitiva. Esas actividades deberán incluírse en todo caso dentro do plan formativo presentado coa solicitude e prestarse de acordo coas previsións contidas nesta orde, sinaladamente as relativas aos importes máximos subvencionables, á comunicación do seu inicio e á subcontratación.

Estas actividades non xerarán dereito a cobrar ningunha cantidade no caso de que a resolución definitiva sexa denegatoria.

Disposición derrogatoria única

Queda derrogada a Orde do 23 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se convocan para 2020.

Non obstante, as subvencións concedidas, así como os procedementos subvencionables iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta orde, rexeranse pola normativa anterior.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para que dite as resolucións que sexan precisas para a correcta execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Relación básica de cursos subvencionables

Área

Subgrupo

Código

Adecuación ao ámbito do transporte

Cursos presenciais

CAP

Formación continua CAP 35H

1101

5

Idiomas

Idioma xeral por niveis

1111

2

Idioma específico

1112

2

Idioma específico para profesionais do taxi

1113

4

Condución

Condución en simulador

1131

3

Perfeccionamento da condución

1132

3

Longo de condución para profesionais do transporte

1133

2

Tacógrafos e tempos de condución e descanso

1134

4

Condución específica

1135

1

Condución específica para profesionais do taxi

1137

4

Condución económica e segura

1136

3

Condución económica e segura con prácticas en vehículo

1139

4

Condución económica e segura para profesionais do taxi

1138

4

Transporte

Manipulación de mercadorías

1141

2

Transporte de mercadorías perigosas-ADR

1142

4

Conselleiros/as de seguridade

1143

4

Xestión

Atención aos/ás clientes/as

1151

3

Xestión contable para pemes

1152

3

Intermedio sobre dereito e xestión do transporte

1156

4

Prevención de riscos

Prevención de riscos laborais

1163

2

Normativa

Normas e leis relacionadas co transporte

1171

4

Superiores

Superior de dereito e xestión do transporte

1212

4

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file