Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 146/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 146/2019 deste xulgado do social seguido contra a empresa Transportes Anmasa 2014, S.L. e coa intervención de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

Sentenza:

A Coruña, 17 de febreiro de 2021 .

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 146/2019, en que foron parte, dun lado, como demandante, Miahi Dorin Ciban, con NIE X601470F, asistido pola letrada Sra. Conchado Puente e, como demandado, Anmasa 2014, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mihai Dorin Ciban fronte a Transportes Anmasa 2014, S.L. e Fogasa e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.364,98 euros.

Respecto do Fogasa, teranse en conta as previsións do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Transportes Anmasa 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza