Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 182/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 182/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noemi Pedros Cabaleiro contra Ñampa Santiago, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Noemi Pedros Cabaleiro contra a entidade Ñampa Santiago, S.L. e Fogasa e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 481,33 euros brutos (440,90 euros netos) como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte á esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ñampa Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza