Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da autorización de explotación sección A) Naira, número 382, no concello de Vilar de Santos (Ourense).

De conformidade coa Lei 21/13, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e artigo 37, punto 1, e o Decreto 975/09, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e da Lei 3/ 2008, do 23 de maio, de ordenación da minería en Galicia, artigo 23.4, sométense a información pública o proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración relativo á autorización de explotación de recursos da sección A) Naira, nº 382, no concello de Vilar de Santos (Ourense), promovido pola empresa Arenas Naturales da Limia, S.L.

O proxecto pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º) ou no portal de transparencia da Xunta de Galicia (https://edicionportais.xunta.es/web/guest) no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación de este anuncio.

Ourense, 5 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense