Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: substitución apoio 9NWOP5X9//60 da LMT ROS805.
Situación: Oia.
Características técnicas: substitución do apoio 9NWOP5X9//60 da LMT ROS805, por un apoio CH-630/13 e LMT aérea 20 kV, con condutor LA-110, de 127 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado CH-630/13 e final no apoio existente 9NX6FG60//61. A instalación está situada en Oia.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 18 de febreiro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Predio 1. Municipio: Oia; paraxe: Campeira; referencia catastral: 36036A039011230000QF; titular: descoñecido; afección: 1,35 m2 para o apoio 1.