Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14558

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral.

Prazas: 1 (unha) responsable de recursos humanos.

Tipo de contrato: remuda, indefinido, tempo completo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría, rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web www.portovilagarcia.es.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría e páxina web www.portovilagarcia.es.

Vilagarcía de Arousa, 3 de marzo de 2021

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría