Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14513

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (53/2019).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que neste procedemento ordinario 53/2019, seguido por instancia de Patricia Laila García Diz fronte a Plus Ultra Seguros Generales de Vida, S.A. de Seguros y Reaseguros, Servidec Galicia, S.L., se ditou sentenza do 23/11/2020, cuxa parte dispositiva literal é a seguinte:

«Parte dispositiva

Estimando parcialmente a demanda interposta por Patricia Laila García Diz fronte a Plus Ultra Seguros Generales de Vida, S.A. de Seguros y Reaseguros, e Servidec Galicia, S.L., debo condenar e condeno a estas a aboar en forma solidaria á demandante a suma de 31.077,99 euros máis os xuros do artigo 20 LCS.

Non se fai declaración de condena en custas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, en nome da Súa Maxestade o rei (Segue recurso e sinatura da maxistrada xuíza)».

Ao encontrarse a codemandada Servidec Galicia, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 24 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza