Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO das bases e da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana do barrio histórico da Magdalena e Ferrol Vello (Convenio do 29 de outubro de 2020 PEV 2018-2021, anualidade 2020).

O 23.2.2021, a Alcaldía aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana do barrio histórico da Magdalena e Ferrol Vello de Ferrol, referidas ao convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello de Ferrol do 29.10.2020, con base no Plan estatal de vivenda 2018-2021, Real decreto 106/2018, do 10 de marzo, anualidade 2020.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello de Ferrol (https://www.ferrol.gal/rehabilitacion). O teléfono da Oficina de Rehabilitación é o 981 94 40 65 e estará dispoñible en horario das 9.00 ás 14.00 horas para as consultas ao respecto. Os anuncios da convocatoria publicaranse no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol.

Deberanse presentar as solicitudes xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria, mediante os impresos normalizados, no Rexistro do Concello de Ferrol ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas da mañá do 20º (vixésimo) día hábil contado desde o día seguinte ao da última publicación desta convocatoria, que se fará no BOP (texto íntegro) e no DOG (anuncio).

O prazo de presentación de solicitudes coa documentación prevista no número 12 prolongarase ata o día 30.9.2025 ou ata o esgotamento do crédito dispoñible ou do número de intervencións concedidas, se se producen con anterioridade.

Os impresos normalizados estarán dispoñibles no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e na súa páxina web (https://www.ferrol.gal/rehabilitacion).

Ferrol, 23 de febreiro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 8.7.2019; BOP nº 137, do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación,
Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna